Punk celta

Bastards on Parade

Bastards on Parade é unha banda de punk celta formada na Coruña en 2008. Musicalmente a mestura de punk rock clásico coa música tradicional galega é a súa marca de identidade, así coma unha narrativa baseada na clase traballadora, o compromiso social e a cultura celta de Galicia.

Dende os seus inicios, o grupo recibiu moi boas críticas, sobre todo por parte da prensa especializada a nivel internacional (PaddyRock, Shite’n’Onions en USA, Celtic Rock en Alemania por nomear algún exemplo), que incluíu os seus traballos nas listaxes dos mellores discos do ano. Isto levounos a publicar os seus discos coas principais discográficas underground europeas, como MAD Tourbooking ou MUTTIS Booking e a xirar por toda Europa compartindo cartel coas bandas máis punteiras da escena durante os seus 10 anos de carreira., curtíndose nos escenarios do circuíto de salas e festivais do continente.

O resultado, un potente directo cheo de enerxía e diversión que non deixa indiferente a ninguén e no que o público é un máis cantando e bailando de principio a fiAlgúns exemplos de festivais de renome nos que a banda ten participado a nivel internacional son o Rebellion Festival (UK), Punk and Disorderly (GER) ou o Berlin Folk Punk Festival (GER). A nivel estatal o Tsunami Xixón, Derrame Rock, Bilboko Aste Nagusia e en Galicia, practicamente participaron en todo o circuíto de festivais destacando o Resurrection Fest en 5 ocasións, Revenidas, Brincadeira o festivais Folk como a Festa da Fraga, Pardiñas  ou o Festival Folk de Vilariño.

O seu último traballo, “CARA A LIBERDADE”2019 (Maldito Records), polo seu décimo aniversario, é o primeiro integramente en galego, consolidando a identidade do grupo e dando máis autenticidade ao seu traballo

Seguinte