Compostela Diversa

Evento

O Concello de Santiago sumouse á celebración do Orgullo 2018 con dous días de actividades lúdicas e de sensibilización na praza 8 de Marzo e no Matadoiro. Música, información, contacontos e unha mesa redonda para lembrar que Compostela xa é unha cidade diversa, referente da liberdade sexual e da loita contra os estereotipos de xénero en Galicia. Baixo o nome Compostela Diversa, os colectivos LGTBI deseñaron conxuntamente coa Concellería de Igualdade unha programación marcada polas reivindicacións políticas e sociais que transcenden a propia data do Orgullo, polos festexos ao aire libre e a paticipación activa de público de todas as idades nos diferentes escenarios.


En colaboración con Control Z e Aquelando

Data 2018 – 2020
Lugar Santiago de Compostela
Cliente Concello de Santiago
Máis info web