Zumaque

Folk

Zumaque é unha formación integrada por tres músicos afincados en Compostela cunha longa traxectoria nos seus ámbitos musicais. Forman parte do trio, a arpista bretoa Bleuenn Le Friec, cunha dilatada experiencia na música sinfónica, o contrabaixista Alfonso Calvo, vencellado a múltiples proxectos do jazz e as músicas improvisadas, e o clarinetista Pablo Pascual, que desenvolveu a sua carreira en diversos ámbitos, pero sempre comprometido ca música tradicional galega.

Zumaque propón un percorrido renovado polos diferentes ritmos da música tradicional cunha absoluta renovación estética, e cun importante espazo para a creación espontánea e a improvisación. O trio busca poñer en valor e dinamizar estructuras e harmonías da música tradicional, cunha tímbrica novidosa e uns arranxos coidados.

Presentaron o seu traballo en numerosos lugares da xeografía galega, entre os cales podemos destacar a Fundación Vicente Risco en Allariz, a casa das Insuas en Rábade ou o Festival Internacional de Arpa “Vila de Noia”. No 2018 foro finalistas dos premios Narf, organizados pola Deputación de Coruña. En Outubro de 2020 presentan “Silván”, o seu primeiro traballo discográfico.

Anterior